A bandeira - Xunta de Galicia
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:

A bandeira galega disponse en tres módulos de longo por dous de ancho. O matiz de azul da banda é xeralmente celeste subido ou cobalto claro. Esta é a bandeira nacional civil. A chamada do
Estado, que é a que debe figurar nos actos oficiais, consta ademais do escudo nacional no centro. A bandeira de Galicia é, segundo recolle o artigo 6 do Estatuto de Autonomía, "branca
cunha banda diagonal de cor azul que a travesa desde o ángulo superior esquerdo ao inferior dereito". Desde as orixes da civilización humana, e como característica universal, xorden as
bandeiras. A súa aparición e evolución está ligada ao espírito bélico. Pronto serviu para identificar e diferenciar durante o combate aos exércitos. O que comezou sendo un costume dos pobos
orientais, deseguida se espallou a Occidente. Se o século XVII se caracterizou por un emprego basicamente bélico da bandeira, o XVIII supuxo o nacemento desta como símbolo nacional. Este uso
das bandeiras para denotar e reflectir unha idea política reforzouse coa Revolución Francesa. O XIX foi o século da bandeira como representación político-ideolóxica. O XX chegou a ser
denominado "o século das bandeiras", debido ao grande uso deste tipo de símbolos. Durante a Idade Media os soldados galegos agrupáronse baixo "señas",
"estandartes" ou "pendóns" que non simbolizaban o reino galaico. As súas cores mesmo podían variar dun xefe a outro, aínda que existía certa persistencia do branco. A
partires do século XVII a bandeira galega comezou a aparecer nas publicacións imitando ao escudo: Branca, co copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas. Non hai testemuños
que proben a existencia da actual bandeira con anterioridade ao século XX. A actual bandeira branca con banda azul provén da que tiña a Comandancia da Mariña da Coruña. Primeiro foi adoptada
polos emigrantes e máis tarde asumida pola Galicia peninsular.