Conselleiros/as do goberno galego - xunta de galicia

Conselleiros/as do goberno galego - xunta de galicia

Play all audios:


CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL  ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ Naceu no Vento, Lalín, en 1968. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de


Santiago de Compostela con premio extraordinario. Doutor en Xeografía, e cun máster en Desenvolvemento Local, foi profesor na Universidade de León e é profesor titular do Departamento de


Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. * Autor dunha ducia de libros e coautor doutras case vinte publicacións da súa especialidade, amais de ter participado en corenta libros


colectivos, Román Rodríguez dirixiu másteres e cursos de posgrao vinculados coa temática do ordenamento territorial en varias universidades. * Foi galardoado, ademais, co Premio da Crítica


de Galicia (2000), no eido da investigación. * En 1999 foi elixido concelleiro polo PP en Lalín, con responsabilidades en Cultura, Medio Ambiente, Urbanismo, Desenvolvemento Local e


Portavocía. * Nas eleccións de 2009 obtivo acta como deputado autonómico para ser designado posteriormente vicevoceiro do Grupo Popular e voceiro nos eidos de Educación, Urbanismo e


Ordenación do Territorio. * Desde febreiro de 2015 ata setembro de 2018 foi conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. * Foi conselleiro de Cultura e Turismo desde


setembro de 2018 ata setembro de 2020 e, seguidamente, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.