Estatuto de autonomía de galicia - título iii: da administración pública galega
Play all audios:

ARTIGO 39 Correspóndelle á Comunidade Autónoma a creación e estructuración da súa propia Administración pública, dentro dos principios xerais e normas básicas do Estado. ARTIGO 40 Nos termos
previstos no artigo 27.1.2 deste Estatuto, por Lei de Galicia poderase: * Recoñece-la comarca como entidade local con presonalidade xurídica e demarcación de seu. A comarca non suporá,
necesariamente, a supresión dos municipios que a integren. * Crear, tamén, agrupacións baseadas en feitos urbanísticos e outros de carácter funcional con fins específicos. * Recoñecer
personalidade xurídica á parroquia rural. ARTIGO 41 A Comunidade Autónoma exercerá as súas funcións administrativas por órganos e entes dependentes da Xunta de Galicia. Tamén poderá delegar
nas provincias, municipios e demais entidades locais recoñecidas neste Estatuto.