Estatuto de autonomía de galicia - título v: da reforma

Estatuto de autonomía de galicia - título v: da reforma


Play all audios:


ARTIGO 56 * A reforma do Estatuto farase conforme o seguinte procedemento: * a) A iniciativa da reforma corresponderalle á Xunta, ó Parlamento galego, por proposta dunha quinta parte dos


seus membros, ou ás Cortes Xerais. b) A proposta de reforma requirirá, en todo caso, a aprobación do Parlamento Galego por maioría de dous tercios, a aprobación das Cortes Xerais mediante


lei orgánica e, finalmente, o referendo positivo dos electores. * Se a proposta de reforma non é aprobada polo Parlamento galego ou polas Cortes Xerais, ou non é confirmada mediante


referendo polo corpo electoral, non poderá ser sometida novamente a debate e votación do Parlamento mentres non transcorra un ano. * A aprobación da reforma polas Cortes Xerais, mediante lei


orgánica, incluirá a autorización do Estado para que a Comunidade Autónoma galega convoque o referendo a que se refire o parágrafo b) do apartado l deste artigo. ARTIGO 57 A pesar do


disposto no artigo anterior, cando a reforma teña por obxecto a simple alteración da organización dos poderes da Comunidade Autónoma e non afecte ás relacións da Comunidade autónoma co


Estado, poderase proceder da seguinte maneira: a) Elaboración do proxecto de reforma polo Parlamento de Galicia. b) Consulta ás Cortes Xerais. c) Se no prazo de trinta días, posteriores á


recepción da consulta prevista no apartado precedente, as Cortes Xerais non se declarasen afectadas pola reforma, convocarase, debidamente autorizado, un referendo sobre o texto proposto. d)


Requirirase finalmente a aprobación das Cortes Xerais mediante lei orgánica. e) Se no prazo sinalado na letra c) as Cortes se declarasen afectadas pola reforma esta terá que segui-lo


procedemento previsto no artigo anterior, dándose por cumpridos os trámites do apartado a) do número 1 do mencionado artigo.