Formularios e solicitudes - xunta de galicia
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:

Suspensión indefinida de chamamentos As persoas integrantes das listas que non estean a prestar servizos a través das listas elaboradadas en aplicación desde decreto poderán solicitar a
suspensión das citacións. A solicitude terá efectos en todas as listas nas que estea inscrita a persoa solicitante dende o día seguinte á súa presentación e manterase en canto a persoa
interesada non presente solicitude de reincorporación. O modelo de solicitude está dispoñible na seguinte ligazón e deberá efectuarse electronicamente. Xerar solicitude Reincorporación de
chamamentos A solicitude de reincorporación presentarase electronicamente e producirá efectos transcorridos dez días desde a súa presentación. Durante o ano 2025, en aplicación da
disposición adicional oitava da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251 do 31 de decembro), a solicitude de reincorporación aos chamamentos
producirá efectos ao día seguinte ao da súa presentación. Xerar solicitude Modificación de datos persoais As persoas inscritas nas listas poden solicitar electronicamente a modificación de
datos persoais en calquera momento. Estas solicitudes producirán efectos na xestión das listas dende o día seguinte ao da súa presentación. Premendo nesta ligazón pódese acceder directamente
á páxina de xeración da solicitude de modificación de datos persoais. Xerar solicitude Modificación de teléfono móbil A comunicación do número de teléfono móbil poderase presentar en
calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas mediante o seguinte modelo. A solicitude
producirá efectos transcorridos 10 días contados desde a data da comunicación. Xerar solicitude Readmisión automática tras penalización As persoas integrantes das listas que estean
penalizadas e queiran volver formar parte delas poderán solicitar a reincorporación. A solicitude de reincorporación presentada durante o período de penalización producirá efectos
transcorrido o prazo dun ano ou seis meses se a penalización se produciu no ano 2025 (Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 251 do 31 de
decembro), que se contará desde a data do feito causante da exclusión. A solicitude presentada con posterioridade á finalización do período de penalización producirá efectos o día seguinte
ao da súa presentación. A solicitude de reincorporación deberase realizar e presentar electronicamente. Xerar solicitude Modificación de ámbitos As persoas inscritas nas listas poden
solicitar electronicamente a modificación de ámbitos no mes de xaneiro de todos os anos. Estas solicitudes producirán efectos na xestión das listas a partir do 1 de marzo seguinte. Premendo
nesta ligazón pódese acceder directamente á páxina de xeración da solicitude de modificación de ámbitos. Xerar solicitude Modificación de concello de empadroamento (só listas de persoal
laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais) As persoas integrantes das ditas listas que desexen modificar o concello de empadroamento farano no mes de xaneiro
utilizando o modelo de solicitude que estará dispoñible no portal web e achegarán o certificado de empadroamento. Esta solicitude terá efectos na xestión das listas a partir de 1 de marzo
seguinte. Esta solicitude poderá afectar á baremación segundo establécese no artigo 9. bis letra b) do Decreto 37/2006. Premendo na seguinte ligazón pódese acceder directamente á páxina de
xeración da solicitude de modificación de do concello de empadroamento. Xerar solicitude Solicitude de actualización de méritos (só listas de persoal laboral do Servizo de Prevención e
Defensa contra Incendios Forestais) A solicitude de actualización dos méritos referidos a servizos prestados en concellos e mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na
mesma categoría, categorías análogas ou asimilables, no ano anterior, pode presentarse no mes de xaneiro de cada ano e deberá acompañarse do certificado de servizos prestados no concello ou
mancomunidade de municipios. Xerar solicitude Solicitude de devolución de taxas Para solicitar a devolución de taxas deberá descargar e cubrir o formulario adxunto, gravalo e presentalo
anexándoo mediante o procedemento PR004A na sede electrónica, dirixido á Dirección Xeral da Función Pública. * Descargar o formulario de devolución de taxas (descargar en formato .odt -
descargar en formato .docx) * Presentar o formulario na sede (deberá anexarse o formulario debidamente cuberto) * Formulario de devolución de taxas para as persoas integrantes das listas
provisionais de contratación temporal de persoal laboral das categorías profesionais de xerocultor/a (43) e persoal de servizos xerais (44) do grupo IV que queiran desistir da solicitude
formulada ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019 (DOG do 18 de marzo) e pedir a devolución de taxas conforme ao establecido no punto décimo da Resolución do 23 de novembro de 2021
(DOG do 29 de novembro). Descargar en formato .docx