Mesa xeral de negociación de funcionarios públicos

Mesa xeral de negociación de funcionarios públicos


Play all audios:


Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios Públicos (funcionarios da Xunta de Galicia, funcionarios docentes non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación


Universitaria, persoal funcionario de Xustiza e estatutarios do Servizo Galego de Saúde). MESAS SECTORIAIS As mesas sectoriais dependentes da mesa xeral de negociación de funcionarios


Públicos, de creación convencional son os seguintes: * De funcionarios públicos da administración da Xunta de Galicia (inclúe tamén aos funcionarios dos seus organismos autónomos). * Do


persoal de Xustiza. * Do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. * Do persoal docente non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.  Os acordos,


de ser o caso, son aprobados na Comisión de Persoal da Xunta de Galicia. Este é un órgano composto polos secretarios xerais das distintas consellerias ou centros directivos da Xunta de


Galicia e un membro por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa xeral de negociación de empregados públicos (CIG, CCOO, UGT e CSI-CSIF), presidida polo conselleiro de


Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.