Medallas de galicia. 1994 - xunta de galicia
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:

Luis Alberto Lacalle Herrera Presidente da República Oriental do Uruguai Fillo, neto e bisneto dunha das sagas políticas, os Herrera, con máis raizame histórica no Uruguai. Estuda Dereito e
Ciencias Sociais na Universidade de Montevideo. Avogado de profesión, desde 1961 exerceu como xornalista no xornal Clarín de Bos Aires. Desde os 17 anos milita nas filas da formación
política familiar, o Partido Nacional ou Branco, de carácter conservador. Accede por primeira vez ao Parlamento tras as eleccións de 1971. Desde 1973, baixo a ditadura militar, vive entre
persecucións o exercicio da súa profesión, as colaboracións periodísticas e a oposición semiclandestina, sobrevivindo a un intento de envelenamento. En 1981 funda, dentro do Partido
Nacional, o Consello Nacional Herrerista, do que ocupa o posto de secretario xeral. Elixido senador en 1984, en 1989 gana as eleccións presidenciais, ocupando o posto ata 1995. Desenvolveu
un programa de reformas estruturais neoliberais, moi contestadas internamente, e é considerado un dos artífices do Mercado Común do Sur (MERCOSUR). Autor de numerosos artigos e ensaios sobre
o Uruguai e Iberoamérica e do libro Herrera, un nacionalismo oriental, en homenaxe ao seu avó, Luis Alberto de Herrera. Doutor honoris causa polas universidades Complutense de Madrid,
Hebrea de Xerusalén, Autónoma de Guadalajara e Nacional de Paraguai; ademais de coa Medalla de Ouro de Galicia foi distinguido, entre outros recoñecementos, como Cabaleiro da Grande Cruz da
Orde de San Miguel e San Xurxo de Inglaterra.