Medallas de galicia. 1998 - xunta de galicia

Medallas de galicia. 1998 - xunta de galicia


Play all audios:


Fernando Henrique Cardoso Presidente da República Federativa de Brasil Fillo do xeneral Leónidas Fernández Cardoso, veterano da revolución de 1930, recibe unha educación de elite no seu


domicilio, ao cargo de preceptores privados. Licenciado en Ciencias Sociais pola Universidade de São Paulo, desenvolve unha intensa actividade docente e investigadora, que o converten nun


dos sociólogos e politólogos máis reputados do mundo, como teórico do desenvolventismo e da dependencia dos países latinoamericanos. Coincidindo co réxime militar que gobernou Brasil entre


1964 e 1985 exíliase a Chile, Arxentina, Estados Unidos e Francia. Durante a década dos setenta é profesor das universidades de Stanford, Cambridge, París e Berkeley. Fundador do Partido do


Movemento Democrático Brasileiro, de tendencia centrista e co que conseguiu dúas veces a acta de senador, participou activamente na vida política do seu país, encabezando en 1988 a escisión


do que habería de ser o Partido Social Demócrata Brasileiro. Ministro de Exteriores e Facenda co presidente Itamar Franco, o seu plan de axuste monetario e choque antiinflacionista, o Plan


Real, propúlsao á presidencia de Brasil en 1995, logrando en 1998 a reelección. As reformas estruturais e os plans de desenvolvemento social son o eixe dos seus mandatos, en que fortalece o


MERCOSUR. Autor de relevancia internacional no ámbito da socioloxía e a ciencia política, recibiu os doutoramentos honoris causa por diversas universidades europeas, estadounidenses e


iberoamericanas. Ademais da Medalla de Ouro de Galicia, tamén se fixo merecedor doutras distincións, como a Lexión de Honra francesa, a Rosa Branca de Finlandia ou a Orde do Mérito de


Hungría.