Medallas de galicia. 2000 - xunta de galicia

Medallas de galicia. 2000 - xunta de galicia


Play all audios:


Córdoba - A Arxentina, 1937 Presidente da República da Arxentina Neto dun emigrante pontevedrés de Bueu, nace no seo dunha familia de clase media da cidade arxentina de Córdoba. Avogado de


profesión, Fernando de la Rúa ten un primeiro contacto coa administración pública durante o mandato do presidente Arturo Ilía, onde exerce como asesor do Ministerio do Interior. Afiliado á


Unión Cívica Radical (UCR), da man do seu líder, Ricardo Balbín, a súa carreira política desenvólvese como senador, antes e despois da Ditadura Militar, e tamén como deputado. Tras diversos


conflitos con Raúl Alfonsín, por ter pactado cos peronistas a reforma política, grazas a ela consegue, en 1996, ser o primeiro alcalde de Bos Aires elixido polo voto directo dos cidadáns. A


súa imaxe como home serio, de profundas conviccións democráticas e bo xestor, permítelle vencer as novas primarias abertas da Alianza polo Traballo, a Xustiza e a Educación, constituída pola


UCR e o esquerdista FREPASO, e ganar as presidenciais de 1999 aos peronistas. Á fronte do primeiro goberno de coalición da historia da Arxentina, accede ao poder advertindo da fin dos


privilexios do cargo e da impunidade dos corruptos. Malia isto o seu mandato está marcado polo derrubamento económico, que leva o país ao bordo da creba, á suspensión de pagos e á


instauración do famoso corralito. Tras 8 folgas xerais en menos de dous anos, de la Rúa dimite en decembro de 2001. É autor de varios libros sobre tema xurídico.