Medallas de galicia. 2001 - xunta de galicia
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:

Eugenio Fernández Granell (a título póstumo) A Coruña, 1912 – Madrid, 2001 Pintor, violinista, escritor e poeta surrealista galego Home de saber renacentista, inicia os seus estudos en
Santiago de Compostela e continúaos en Madrid, en 1928, na Escola Superior de Música. Doutor en Socioloxía na New School for Social Research de Nova York, participa activamente nas conversas
literarias de Madrid, afíliase ao POUM e durante a guerra dirixe e colabora en diversas publicacións. Tras a guerra, o seu exilio lévao por Francia, República Dominicana, Guatemala, Porto
Rico, Os Ánxeles e Nova York, ata que en 1985 se instala definitivamente en Madrid. O seu carácter multidisciplinario demóstrase nas súas diferentes ocupacións: primeiro violín nunha
orquestra sinfónica, xornalista, ilustrador, catedrático de Historia da Arte ou profesor de literatura española. En 1941, en Santo Domingo, coñece ao creador do surrealismo, André Bretón,
con quen inicia unha amizade e colaboración. Na illa caribeña tamén funda, xunto ao poeta chileno Alberto Baeza, a revista La poesía sorprendida, na que participarán Juan Ramón Jiménez,
Pedro Salinas e Jorge Guillén. A partir de 1947, coa exposición Le Surréalisme en París, que organizan Breton e Duchamp, intégrase activamente no movemento surrealista. Instalado en Nova
York, alterna a pintura, a docencia e a publicación da súa obra literaria, con títulos como El calvo, Lo que sucedió, Federica no era tonta e Estela de Presagios. Fernández Granell, ademais
da Medalla de Ouro de Galicia, foi recoñecido con múltiples distincións, entre elas a Medalla de Ouro das Belas Artes, o Premio de Novela Don Quijote de México ou o premio de pintura da
Fundación William e Norma Copley de Nova York.