Medallas de galicia. 2004 - xunta de galicia

Medallas de galicia. 2004 - xunta de galicia


Play all audios:


Periódico. 125 aniversario O diario máis antigo de cantos se publican en Galicia nace en Ferrol en 1878 no contexto da Restauración monárquica e parlamentaria, da que será decidido defensor.


Fundado polo home de prol ferrolán José Mariano Abizanda San Martín, que puxo como primeiro director a Victorio Novo Gracia, apareceu co significativo subtítulo de Diario político de la


mañana. Posteriormente pasa ás mans da familia Barcón, que o converte nun activo dinamizador cultural e político da cidade departamental, e en foco de defensa dos sinais de identidade


galegos. En 1938, tras 60 anos en Ferrol, El Correo Gallego trasládase a Santiago, adquirido pola Editorial Compostela, editora de El Eco de Santiago. Tras varias vicisitudes, entre elas un


intento de colaboración co Faro de Vigo, que non chega a bo porto, en 1965 Feliciano Barrera asume o control da editorial e o diario, iniciando un camiño que o leva ata a actualidade. Entre


os seus fitos, publicar en 1994 o primeiro diario integramente escrito en galego O Correo Galego. Presente en calquera lugar en que exista unha comunidade galega, desenvolve múltiples


iniciativas de promoción da cultura galega, como Fonoteca 92, serie de casetes con música, tradicións populares, teatro e voces de galeguistas históricos; e Galegos: Quen é quen na Galicia


dos 90, colección de 5.000 biografías de personaxes galegos. Anualmente concede os galardóns Galego do Ano.