Medallas de galicia. 2009 - xunta de galicia
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:

Ex – Presidente da Xunta de Galicia Licenciado en Dereito e en Ciencias Políticas e Económicas e Doutor en Dereito, con premio extraordinario en ambos os casos. En 1945 ingresa, por
oposición, co número un da súa promoción, no Corpo de Letrados das Cortes Españolas; e dous anos máis tarde, tamén co número un, na Escola Diplomática. En 1948 obtén a Cátedra de Dereito
Político da Universidade de Valencia e, en 1953, trasládase á de Teoría do Estado e Dereito Constitucional da Universidade Complutense. En 1951, como secretario xeral do Instituto de Cultura
Hispánica, inicia unha densa traxectoria política e institucional, que abarca desde a Ditadura ata a democracia. Como ministro de Información e Turismo (1962-1969), impulsa a conversión de
España nunha potencia turística, e promove a Lei de Prensa e Imprenta, que entre outras medidas supuxo a supresión da censura previa. Embaixador de España en Londres no momento clave da
morte de Franco, vicepresidente e ministro de Gobernación no primeiro executivo da monarquía; en 1976 funda Alianza Popular e en 1978 é membro da comisión redactora da Constitución Española.
Deputado nacional e eurodeputado, en 1990 alcanza a Presidencia da Xunta de Galicia, que exerce ata 2005. Durante o seu mandato participa activamente no proceso de desenvolvemento
autonómico, aumentando o teito de competencias de Galicia, sen deixar de lado a xestión, na que consegue notables avances en materias como as comunicacións, crecemento económico, sanidade,
educación ou proxección exterior, sobre todo con Iberoamérica, reforzando os vínculos coas comunidades galegas. Manuel Fraga é autor de 90 libros, a maioría sobre ciencia política e teoría
do Estado. Doutor honoris causa por 14 universidades de todo o mundo, tamén foi recoñecido, ademais de coa Medalla de Ouro de Galicia, coa Grande Cruz da Orde do Infante Don Henrique de
Portugal, a Grande Cruz da Orde de Carlos III ou a Grande Cruz de Isabel A Católica, entre outras distincións.