Medallas de galicia. 2010 - xunta de galicia

Medallas de galicia. 2010 - xunta de galicia


Play all audios:


Víctor Manuel Vázquez Portomeñe Pacios de Piñeira - Lugo, 1936 Ex-conselleiro de Educación e Cultura da Xunta de Galicia. Impulsor do Xacobeo Licenciado en Dereito pola Universidade de


Santiago de Compostela e secretario da Administración Local por oposición, exerceu a avogacía durante dezaoito anos, cando pertence a varios colexios de avogados. Conselleiro da Xunta


preautonómica, entre 1980 e 1981, participa na redacción do chamado Estatuto dos 16, precedente inmediato do actual Estatuto de Autonomía de Galicia, en cuxa campaña do referendo de


aprobación participa activamente. Deputado nas catro primeiras lexislaturas autonómicas, entre 1983 e 1986 é conselleiro de Educación e Cultura no goberno de Fernández Albor, etapa de


asunción das competencias e de crecemento do sistema educativo galego. Posteriormente, xa con Manuel Fraga de presidente, asume as consellerías de Relacións Institucionais e Portavoz do


Goberno; a de Cultura e, finalmente, a de Asuntos Parlamentarios. Promove e consegue que o Parlamento de Galicia aprobe, por unanimidade, o Xacobeo 93 como plan integral de rehabilitación


física, cultural e económica do Camiño de Santiago; así como as leis de Protección dos Camiños de Santiago e do Patrimonio Cultural de Galicia. Durante a súa xestión a UNESCO declara o


Camiño de Santiago como Patrimonio Cultural da Humanidade. A súa traxectoria política continúa como senador. Colaborou en periódicos, revistas e radios como comentarista político, así como


en libros sobre o Camiño de Santiago.