Medallas de galicia. 2011 - xunta de galicia

Medallas de galicia. 2011 - xunta de galicia


Play all audios:


Ángel María Carracedo Álvarez Santa Comba-A Coruña, 1955 Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago Licenciado e Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago, en ambos os


casos con premio extraordinario, é un dos científicos galegos con máis repercusión internacional. Exerce desde 1977 a docencia na universidade compostelá. Desde 1994 dirixe o Instituto de


Medicina Legal de Santiago e actualmente tamén está á fronte da Fundación Galega de Medicina Xenómica e coordina o grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela,


integrado por case un centenar de persoas dunha ducia de países. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, o seu traballo é pioneiro na aplicación da xenética na detección


de enfermidades como o cancro, na farmacoxenética e na medicina forense, onde introduciu novas tecnoloxías para a identificación mediante a xenética molecular. Foi requirido, xunto aos seus


colaboradores, para máis de 3.000 informes periciais forenses en todo o mundo, desde casos como o do crime de Alcáser, ata atentados terroristas como o do 11-M, ou grandes traxedias como o


tsunami do sueste asiático. No ámbito asistencial, a través da Fundación Galega de Medicina Xenómica, realiza anualmente miles de probas para a detección de enfermidades raras, mediante


tecnoloxías propias e unha batería de polo menos 30 test que non se practican en ningunha outra parte do mundo. Publicou 10 libros e máis de 340 artigos nas revistas científicas de maior


prestixio mundial, como Nature, Science e Nature Genetics. Ademais de coa Medalla de Ouro de Galicia, o seu labor foi recoñecido, entre outras distincións, coa Medalla Galien (o premio Nobel


dos medicamentos), o Premio Xaime I ou a Cruz ao Mérito Policial.