Medallas de galicia. 2018 - xunta de galicia
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:

María Emilia Casas Baamonde Naceu en León en 1950, pois era alí onde exercía seu pai como rexistrador da propiedade. A súa familia, non obstante, é oriúnda de Monforte de Lemos. Licenciouse
pola Universidade Complutense de Madrid en Filosofía e Letras e en Dereito, disciplina na que se doutorou con premio extraordinario. Nesta mesma Universidade converteuse na primeira muller
de España en ocupar a cátedra de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Posteriormente, foi membro da Comisión Xestora da Universidade Carlos III de Madrid e vicerreitora de Relacións
Internacionais e Institucionais. Experta en relacións laborais, participou en seminarios e conferencias sobre a materia dentro e fóra de España, ademais de asesorar ao Goberno en materia de
lexislación laboral. No Tribunal Constitucional foi dobremente pioneira: en 1998 foi elixida maxistrada, a persoa máis nova ingresada na institución e en 2004 converteuse na primeira muller
que presidiu o Tribunal. Permaneceu no cargo ata 2011, o que fai dela a presidenta máis lonxeva do Tribunal Constitucional ata o momento. Desde 2014 é “of counsel” do despacho xurídico
Ejaso. A Medalla de ouro de Galicia súmase a unha lista de recoñecementos entre os que se atopan tamén a Gran Cruz da Orde de Carlos III, que distingue “servizos eminentes e extraordinarios
á nación” e a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, que condecora aos máis distinguidos estudosos do Dereito e membros da Administración de Xustiza.