Adaptación do posto de traballo por motivos de saúde

Adaptación do posto de traballo por motivos de saúde

Play all audios:


A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, establece que o/a empresario/a garantirá de xeito específico a protección dos traballadores e traballadoras que, polas súas


propias características persoais ou estado biolóxico coñecido, incluídos aqueles que teñan recoñecida a situación de minusvalidez física, psíquica ou sensorial, sexan especialmente


sensibles aos riscos derivados do traballo. A tal fin, deberá ter en conta os devanditos aspectos nas avaliacións dos riscos e, en función destas, adoptará as medidas preventivas e de


protección necesarias. Os/as traballadores/as non serán empregados/as naqueles postos de traballo nos que, a causa das súas características persoais, estado biolóxico ou pola súa


minusvalidez física, psíquica ou sensorial debidamente recoñecida, poidan eles/elas, os demais traballadores/as ou outras persoas relacionadas coa empresa poñerse en situación de perigo ou,


en xeral, cando se encontren manifestamente en estados ou situacións transitorias que non respondan ás esixencias psicofísicas dos respectivos postos de traballo. Para dar cumprimento a este


precepto, o persoal da Xunta de Galicia poderá solicitar a adaptación/cambio de posto de traballo por motivos de saúde empregando os seguintes formularios: * Para persoal laboral da


Administración xeral da Xunta de Galicia: o/a solicitante deberá entregar a solicitude á persoa responsable do centro de traballo, que a asinará a efectos de mero coñecemento e lla


trasladará ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais (o persoal da Consellería do Medio Rural deberá seguir o procedemento establecido pola Subdirección Xeral de Persoal da Consellería;


para iso, deberá dirixirse á súa correspondente unidade de persoal) ODT (146 Kb) - PDF (216 Kb) * Para persoal funcionario da Administración xeral da Xunta de Galicia: * Solicitude de


adaptación do posto de traballo ao estado da saúde: o/a solicitante deberá dirixir a solicitude asinada polo/a responsable do centro de traballo á unidade de persoal da súa consellería, que


remitirá a solicitude ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais ODT (155 Kb) -   PDF (123 Kb) * Solicitude de cambio de posto de traballo por motivos de saúde: o/a solicitante deberá


dirixirse á Dirección Xeral de Función Pública * Para persoal dependente da Dirección Xeral de Xustiza: o/a solicitante dirixirá a solicitude á Dirección Xeral de Xustiza logo de ser asinada


a efectos de coñecemento pola persoa responsable da unidade xudicial, fiscalía ou subdirección do Imelga ODT (155 Kb) - PDF (123 Kb)