Comité intercentros de seguridade e saúde laboral

Comité intercentros de seguridade e saúde laboral


Play all audios:


A Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, establece, no artigo 38, a creacióndo Comité de Seguridade e Saúde, sinalando que é o órgano paritario e colexiado de participación destinado


á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos, formado polos/as delegados/as de prevención, dunha parte, e polo/a empresario/a e/ou os seus


representantes, en número igual ao dos delegados/as de prevención, da outra. As empresas que conten con varios centros de traballo dotados de Comité de Seguridade e Saúde poderán acordar cos


seus traballadores e traballadoras a creación dun Comité Intercentros, coas funcións que o acordo lle atribúa. En vista disto, o acordo sobre dereitos de participación do persoal ao servizo


da Administración da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais, sinala que se constituirán tres Comités de Seguridade e Saúde Laboral Intercentros: * Un para a


Administración Xeral da Xunta de Galicia (incluída a Administración de xustiza), * outro para o persoal dos centros educativos da Consellería de Educación * e outro para o persoal ao servizo


das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, coas competencias que se establezan nos seus propios regulamentos de funcionamento. Estes comités terán unha composición paritaria,


as organizacións sindicais presentes en cada mesa contarán cun representante cada unha delas no citado comité. COMPOSICIÓN DO COMITÉ Co obxecto de establecer a composición e definir as


normas de actuación do Comité de Seguridade e Saúde lntercentros da Administración Xeral (CSSI) aprobouse un regulamento de funcionamento. O CSSI está constituído polos membros que se


relacionan na seguinte táboa:  O CSSI reunirase, en sesión ordinaria, trimestralmente, por orde do seu/súa presidente/a, e as reunións celebraranse sempre que concorran as persoas que ocupen


o cargo de presidente/a, secretario/a e, polo menos, a metade de cada unha das partes. Consultar nestas ligazóns as actas, programación e memorias do Comité.