Rexistro de actividades - Xunta de Galicia
Play all audios:

O obxectivo deste rexistro é que a cidadanía poida coñecer da forma máis exacta posible que tratamentos se están realizando cos seus datos persoais cando os achegan a un organismo da
Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A través del descríbese, de forma conxunta para cada responsable de tratamento, que datos recolle, con que fins os trata, a quen prevé comunicalos, se os transfire ou non a terceiros países,
o prazo de conservación dos mesmos e as medidas para preservar a súa seguridade.