Que necesita para teletraballar? - xunta de galicia

Que necesita para teletraballar? - xunta de galicia


Play all audios:


Para teletraballar no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia vai ser necesario dispor de: * Un teléfono de contacto, a onde desviar o teléfono da oficina ou onde se lle poida


localizar * Un equipo informático suficiente para o acceso a internet * Un acceso remoto seguro (VPN), para dispor dos recursos da rede interna da Xunta de Galicia * Acceso remoto ao


escritorio do posto de traballo, para dispor dos recursos do posto de traballo da oficina * Certificado dixital, se vai asinar documentos ou utilizar un servizo que así o requira. É válido o


certificado de empregado público ou outro certificado recoñecido (FNMT…) Nos distintos apartados desta sección "Teletraballar da Administración de Xustiza en Galicia" facilítase


información sobre como solicitar e como configurar as ferramentas necesarias, así como os principais recursos aos que se pode acceder.  Coa información dispoñible na páxina "Como


conectarse á rede da Xunta?" poderá acceder á intranet de Xustiza onde atopará información máis ampla no apartado https://intranet.xustiza.gal/web/d.x.xustiza/teletraballo. Só con


dispor de acceso a internet xa pode acceder a moitas das ferramentas básicas de uso cotiá na xornada de traballo ordinario, como é o caso do correo corporativo, a Oficina Virtual do Persoal


da Administración de Xustiza ou outras ferramentas transversais ou específicas da súa área de traballo.