Todos os presidentes da xunta de galicia
Play all audios:

Naceu en A Coruña o 8 de agosto de 1948. É doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi Vicerreitor para Asuntos Económicos. Está
casado e ten dous fillos. Ten realizado estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble –Francia. É autor de numerosos
estudos sobre a economía e a sociedade galega, e como experto en desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias en 1982.
Pérez Touriño dirixiu, asemade, traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e o crecemento económico de Galicia. Comprometido dende a súa mocidade cos movementos democráticos
de loita coas liberdades, dirixente estudantil e activo militante progresista durante a transición democrática, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos
pactos do Hostal que o posibilitaron. Posteriormente, na súa traxectoria política cumpre sinalar a súa participación nos gobernos socialistas dende 1985 a 1994. Foi subsecretario do
Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, pasando despois a desenvolver a súa actividade na Secretaría Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio
Ambiente. Nesta época asumiu a responsabilidade das grandes obras de infraestruturas viarias e ferroviarias da modernización de España. É precisamente como responsable de Infraestruturas
dende onde asumiu a tarefa de finaliza-la Autopista do Atlántico, a execución das autovías de enlace con Galicia coa Meseta e os convenios coas grandes cidades galegas. En 1997, cando era
Deputado en Cortes, renunciou ó seu escano no Congreso dos Deputados para participar no proceso electoral autonómico dese mesmo ano como integrante na candidatura do PSdeG. Sae elixido
deputado e convértese no Portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia. En outubro de 1998 é proclamado Secretario Xeral por unha ampla maioría, sendo reelexido no 2000 e no
2004.