Funcións e competencias - xunta de galicia
Play all audios:

A Dirección Xeral da Función Pública é a responsable da execución da política de persoal da Administración da Xunta de Galicia coordinando a actuación dos órganos competentes en materia de
persoal das distintas Consellerías e dos organismos autónomos dependentes delas. Corresponde á Dirección Xeral a ordenación e coordinación da función pública proporcionando asistencia e
asesoramento ás distintas unidades xestoras, asumindo o estudo das medidas de modernización e profesionalización da función pública e do réxime xurídico dos empregados públicos, contribuíndo
á consolidación dunha Administración Pública profesional, democrática, eficaz, sostible e xeradora de confianza cidadá na súa actuación. A Dirección Xeral de Función Pública exerce as
seguintes competencias: * A realización dos estudos e traballos que en materia de persoal lle sexan encomendados ou coide conveniente efectuar. * A elaboración dos anteproxectos de
disposicións en materia de función pública. * A proposta á persoa titular da Consellería da convocatoria e resolución dos concursos de traslados para a provisión de postos de traballo dos
distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia xestionados
pola Dirección Xeral da Función Pública. * A fixación dos criterios a que se deberán someter todas as convocatorias públicas de libre designación e de persoal directivo. * A elaboración das
ofertas de emprego público. * A coordinación coas distintas consellerías e coa Seguridade Social dos expedientes de xubilación parcial do persoal laboral. * A coordinación das eleccións
sindicais do persoal funcionario e laboral. * A coordinación na elaboración das estatísticas do número de efectivos na Comunidade Autónoma de Galicia. * A elaboración dos informes en materia
de persoal conxuntos coa dirección xeral competente en materia de orzamentos. * A proposta á conselleira ou conselleiro da convocatoria de probas selectivas para o ingreso nos corpos,
escalas e categorías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, xestionados pola Dirección Xeral da Función Pública. * A proposta de resolución dos expedientes de
incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, agás o persoal que preste os seus servizos en centros pertencentes ao Sistema Público de Saúde
de Galicia. * A tramitación dos expedientes de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica sometidos á Lei 9/1996, do 18 de outubro, así
como a custodia e a xestión dos rexistros de actividades e de bens patrimoniais de altos cargos. * A coordinación das relacións laborais e sindicais con respecto ao persoal ao servizo da
Administración da Comunidade Autónoma. * As convocatorias para a elaboración de listas para a cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral, en aplicación da norma que as
regule. * A proposta, se é o caso, ao órgano competente da incoación de expedientes disciplinarios cando se detecten indicios racionais de responsabilidade administrativa na actuación do
persoal, e elevar ao Consello da Xunta as propostas de imposición da sanción de separación do servizo ou despedimento do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública. * A
emisión dos informes preceptivos e previos que sobre os proxectos de disposición que afecten a materia de réxime de persoal ou estrutura orgánica estableza a normativa vixente. * A
elaboración dos estudos e propostas sobre as relacións de postos de traballo, así como a elevación ao Consello da Xunta das propostas ou modificacións das relacións de postos de traballo
para a súa aprobación. * A coordinación coa Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa para levar a cabo, de ser o caso, a reasignación de efectivos, unha vez que realice os
estudos organizativos necesarios a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, para valorar as cargas de traballo das distintas unidades administrativas da Xunta de Galicia. * A
xestión do Rexistro de Persoal da Xunta de Galicia. * A xestión do Rexistro de persoal directivo e dos contratos de alta dirección. * A coordinación e/ou xestión do Rexistro de órganos de
representación do persoal ao servizo da Administración xeral da Xunta de Galicia e dos seus organismos, axencias e entidades dependentes. * A proposta á persoa titular da Consellería da
convocatoria e resolución dos concursos ordinarios de traslados para a provisión de postos de traballo dos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia xestionados pola Dirección Xeral da Función Pública. * A fixación dos criterios para a
elaboración das convocatorias dos concursos específicos por parte das persoas titulares das consellerías. * A ordenación e xestión dos procedementos de recoñecemento profesional e
elaboración das propostas de resolución do recoñecemento da carreira profesional.