Medallas de galicia. 1995 - xunta de galicia
- Select a language for the TTS:
- Brazilian Portuguese Female
- Brazilian Portuguese Male
- Portuguese Female
- Portuguese Male
- Language selected: (auto detect) - PT
Play all audios:

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Institución educativa galega de maior raizame A acción do notario compostelán Lope Gómez de Marzoa ao crear en 1495 unha escola para pobres, coñecida
como Estudo de Gramática, no mosteiro de San Paio de Antealtares foi o primeiro xermolo da universidade compostelá, a institución educativa con máis tradición e raizame de Galicia. Tras a
bula do papa Xulio II, que permite que se impartan estudos superiores, a comezos do século XVI será o arcebispo Alonso III de Fonseca, home renacentista, culto e mecenas, o que lle confira o
impulso definitivo. Os séculos XVI e XVII favorecen a creación dos grandes colexios universitarios, mentres que o século XVIII supón unha fonda transformación, secularizándose e arredándose
do control eclesiástico. Carlos III confírelle a condición de rexia e os terreos e edificios que os xesuítas posuían en Santiago. Incorpóranse novas disciplinas prácticas e científicas.
Para a Universidade de Santiago, o século XX é un período de vaivéns. Comeza cunha xeración de intelectuais, que protagonizarán o rexurdimento da cultura galega, incorpórase a muller ás
aulas e establécense novos contactos con centros universitarios estranxeiros. Tras a Guerra Civil, a universidade convértese no bastión da oposición antifranquista na cidade. A finais de
século prodúcese a segregación e a creación das novas universidades da Coruña e Vigo. Actualmente a universidade santiaguesa conta con dous campus, Santiago e Lugo, unha trintena de centros,
sesenta titulacións e máis de 40.000 alumnos.