Medallas de galicia. 1997 - xunta de galicia

Medallas de galicia. 1997 - xunta de galicia


Play all audios:


Presidente da República Oriental do Uruguai Membro dunha familia de extracción burguesa e orixes italianas, realiza estudos de Dereito e Ciencias Sociais na Universidade de Montevideo. A súa


traxectoria móvese a cabalo entre o xornalismo e a política. Como colaborador, redactor ou fundador, participa en diversos medios, tanto uruguaios, Acción, El Día, Correo de los Viernes…;


coma españois, Axencia EFE e El País. Afíliase ao Partido Colorado, formación liberal en que conviven sensibilidades progresistas e conservadoras, e en 1963 é elixido deputado por primeira


vez. Nos anos previos ao golpe de 1973, ocupa varios ministerios en diversos gobernos. Encabeza a delegación do Partido Colorado nas negociacións cos militares para a transición pacífica á


democracia que culminan en 1984 co Pacto do Club Naval. Nas primeiras eleccións tras a ditadura cívico-militar, é elixido presidente (1985-1990), cargo para o que consegue ser reelixido en


1995, algo bastante insólito na historia uruguaia. Sanguinetti desenvolve uns mandatos progresistas no político, aínda que con polémicas como a Lei de Punto Final, e máis conservadores no


económico. Desde 1996 impulsa o Círculo de Montevideo como foro de debate sobre Iberoamérica, co apoio de personalidades como Belisario Betancur, Ricardo Lagos, Felipe González ou Fernando


Cardoso. Autor de múltiples artigos xornalísticos e varios libros, é doutor honoris causa polas universidades de Brasilia, Asunción, Moscú, Xénova e Bucarest. Distinguido coa Medalla de Ouro


de Galicia, tamén recibiu, entre outras, a Orde do Sol peruana e a de Isabel A Católica española.