O presidente - xunta de galicia
Play all audios:

Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local,
con habilitación nacional, categoría superior. Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza, e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta. Ocupou os cargos de
xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. É presidente do Partido Popular de Galicia. Foi
conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desde abril de 2009 e vicepresidente desde 2012. No ano 2020 foi nomeado vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Turismo. Desde maio de 2022 é presidente da Xunta de Galicia.