Enquisa aos traballadores/as - xunta de galicia
Play all audios:

A Lei 31/1995, de 8 de novembro de prevención de riscos laborais, no seu artigo 14, sinala que os dereitos de información, consulta e participación, formación en materia preventiva,
paralización da actividade no suposto de risco grave e inminente e a vixilancia do estado da saúde, nos termos previstos na presente Lei, forman parte do dereito dos traballadores e
traballadoras a unha protección eficaz de seguridade e saúde no traballo. Para realizar unha avaliación dos riscos laborais existentes no centro de traballo, é procedente consultar aos/ás
traballadores/as e cotexar a información coas medicións e estudos técnicos que se realicen, coas estatísticas de sinistralidade no sector xeral e cos datos históricos de accidentalidade do
propio centro de traballo. Por iso é importante que os/as traballadores/as se tomen o tempo necesario para cubrir a enquisa que poden descargar nesta páxina, procurando que os datos que se
indiquen na mesma teñan a máxima rigorosidade. Procedemento para o envío da enquisa Esta enquisa, de carácter voluntario, serve para complementar a avaliación de riscos do posto de traballo.
Unha vez cuberta, pódese enviar a través do correo electrónico; ou entregarlla directamente en man aos/ás técnicos/as que fan a visita de avaliación de riscos, así como a través de
calquera outro medio que se considere oportuno. Os/as devanditos/as técnicos/as deben ter o deber de sixilo legalmente establecido.