Descricion detallada do procedemento - xunta de galicia

Descricion detallada do procedemento - xunta de galicia

Play all audios:


Formulario de avaliación de riscos no posto de traballo para solicitar a prestación por risco durante o embarazo ou a lactación natural ODT (145 Kb) - DOC (173 Kb) -   PDF  (222 Kb)


Solicitude da interesada Unicamente se lle esixe estar en situación de alta no momento da solicitude da prestación porque se elimina o requisito de carencia. O procedemento iniciarase a


instancia da traballadora mediante solicitude dirixida á Dirección provincial da entidade xestora da provincia na que a interesada teña o seu domicilio. No caso de que a empresa non se atope


asociada a ningunha mutua, a traballadora terá que acudir directamente ao Instituto Nacional da Seguridade Social para solicitar a prestación. A traballadora dirixirase á dirección


provincial da entidade xestora da empresa na que teña o seu domicilio. Documentación a achegar A documentación a esixir será a mesma que regulan os artigos 21 (conta allea) e 28 (conta


propia) do Real Decreto 1251/2001, de 16 de novembro, polo que se regulan as prestacións económicas do sistema da Seguridade Social por maternidade e risco durante o embarazo, xa que non hai


desenvolvemento regulamentario posterior: * Declaración da empresa ou traballadora por conta propia, sobre condicións de traballo e riscos. * Informe médico do/a facultativo/a do INSS ou do


servizo público equivalente, máis a certificación médica expedida polos servizos médicos da entidade xestora correspondentes ou da mutua de accidentes de traballo e enfermidades


profesionais da seguridade social. O certificado emitido polos servizos médicos da entidade xestora ten como obxecto que este certifique se o traballo realizado pola traballadora pode


supoñer un risco para a súa saúde, a do feto ou a do/a lactante. En caso afirmativo o/a facultativo/a emitirá unha certificación médica. A título informativo, debe indicarse que a


certificación non ten efecto vinculante sobre a posterior resolución da solicitude, simplemente, a súa achega é un requisito máis para a aprobación da mesma. * Declaración da empresa sobre a


inexistencia de postos de traballo compatibles co estado da traballadora. Deberá ir acompañado do informe sobre o particular emitido polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais no que se


fará referencia aos riscos do posto (propio ou alleo). * Solicitude da prestación. * Fotocopia do DNI e do libro de familia (caso de risco durante a lactación). * Certificación da empresa da


base de cotización do mes anterior á suspensión do contrato (conta allea) ou boletín de cotización do mes anterior á solicitude (conta propia). Solicitaranse os 6 últimos boletíns de


cotización ao obxecto de verificar se se cumpre o requirimento de estar ao corrente de pago. * Declaración de situación de actividade (conta propia) * Modelo 145 - Comunicación de datos ao


pagador Aprobación/denegación Unha vez obtida pola entidade xestora a documentación necesaria para o estudo da concesión da prestación, darase traslado ao departamento de prestacións das


delegacións da entidade xestora correspondente, que verificará os datos, así como a información recadada no informe médico, para aprobar ou non a prestación. En relación á aprobación exponse


unha problemática a discutir: prazo de resolución. No Instituto Nacional da Seguridade Social, de acordo co establecido no Real Decreto 286/2003, de 7 de marzo, contémplase un prazo de


resolución de 30 días dende a presentación da solicitude entendendo como denegada a mesma no caso de non contestar en prazo (prazo que será necesario axilizar intentando responder nun


período menor de tempo). Unha vez aprobada ou denegada a prestación, a resolución será comunicada por escrito á solicitante co obxecto de que poida presentar alegacións. En caso de


aprobación ou denegación da solicitude, deberá emitirse resolución motivada notificando os recursos que proceden, así como os prazos para interpoñelos. Recursos Cando a entidade xestora ou


ben o INSS (no caso de que a empresa non teña un concerto cunha entidade xestora en materia de continxencias profesionais) non recoñezan a situación de risco para o embarazo ou a lactación


natural, a traballadora interesada terá unha serie de posibilidades de actuación, destacando as seguintes: * Reclamación por escrito á Mutua por desacordo coa resolución adoptada. * Acudir á


Inspección de Traballo na procura de amparo legal. * Acudir a calquera dos sindicatos representativos no ámbito da Administración da Xunta de Galicia. * Todas estas actuacións levaranse a


cabo sen prexuízo de iniciar accións administrativas e xudiciais no ámbito competente.