Organización preventiva da xunta - xunta de galicia
Play all audios:

A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, lexislación básica na materia, define no seu artigo 31 os servizos de prevención como o conxunto de medios humanos e
materiais necesarios para realizar as actividades preventivas e garantir a protección da seguridade e a saúde dos traballadores e das traballadoras, precepto que vincula tanto ás entidades
privadas como ás Administracións públicas. Pola súa banda, o artigo 15.1 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, sinala
literalmente que aqueles "constituirán unha unidade organizativa específica e os seus integrantes dedicarán de forma exclusiva a súa actividade á finalidade deste". O Servizo de
Prevención de Riscos Laborais para o persoal ao servizo da Administración xeral da Xunta de Galicia está adscrito á Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais da
Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dando cobertura a toda a Administración, excepto: * Aos centros de ensino dependentes da Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria * Aos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde - Consellería de Sanidade, xa que en ambos os dous casos estas consellerías crearán e
regularán os seus propios servizos de prevención de riscos laborais