Biografía do conselleiro do mar
Play all audios:

Alfonso Villares Bermúdez, conselleiro do Mar Naceu en Cervo no ano 1970. É licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1996 e 2007 exerceu profesionalmente
como veterinario. Desde 1995 é concelleiro do PPdeG en Cervo, con responsabilidades de goberno desde 1999 e como alcalde desde as eleccións municipais de 2007, cando obtivo unha maioría
absoluta que revalidou nas eleccións municipais de 2011, 2015, 2019 e 2023. Tamén foi vicepresidente primeiro da Federación Galega de Municipios e Provincias. Desde 2023 é conselleiro do
Mar.