O himno - Xunta de Galicia

O himno - Xunta de Galicia

Play all audios:


O himno galego conxuga o poema _Os pinos_ de EDUARDO PONDAL cunha composición musical de PASCUAL VEIGA. O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por _fogar de Breogán_. Foi


interpretado por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba. HIMNO GALEGO Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? ¿Que din as altas copas de escuro arume 


arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta


 do teu sono fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son,  máis sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden, 


non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán. HIMNO GALEGO EN


LINGUA DE SIGNOS Vídeo: Himno gallego en lengua de signos